Noticias

Logo_amino

A FGP e “Poñendo os lentes no deporte” programa gratuito de formación sobre a violencia en menores.

Publicada el

Amino.gal é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por un grupo de profesionais de diferentes ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia (sanidade, servicios sociais, educación e xustiza). A Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Amino Galicia, e facendo referencia a Ley Organica de protección integral á infancia e adolescencia fronte a violencia do 9 de xunio de 2020 e ante a implementación por parte do CSD das medidas e protocolos necesarios contra o abuso sexual infantil, está a levar a cabo o programa “Poñendo os lentes no deporte”, no que a Federación Gallega de Pádel participará activamente a través da Escola Galega de Adestradores.

A importancia deste programa radica na cantidade de nenos e nenas que sofren este tipo de violencia: un de cada cinco ( segundo o Consello de Europa); e os danos tan terribles que causan no seu desenvolvemento. É fundamental que os profesionais que traballan no eido da infancia dispoñan da información e ferramentas oportunas para poder previr, detectar e notificar debidamente o abuso sexual infantil.

Por todo isto, a Federación Galega de Padel realizará o 11 de Abril , ás 11:30, un seminario dirixido a todos os entrenadores e directivos que queiran apuntarse. A inscripción realizarase a través do correo electrónico formacion@fgpadel.com, con data límite do mércores 7 de abril.

En dita formación trataránse os seguintes temas:

  • Clasificación do maltrato.
  • Tipoloxía da violencia sexual contra a infancia.
  • Mitos e realidades sobre o abuso sexual infantil.
  • Detección do abuso sexual infantil.
  • Prevención do abuso sexual infantil.
  • Como actuar ante unha sospeita.
  • Ferramentas de notificación.

O programa, que será un seminario online dúas horas, será impartido por formadores/as da Asociación na que se formará a todo o persoal que traballe en contacto con menores , para que adquiran os coñecementos básicos necesarios, sobre o abuso sexual infantil, para o seu futuro desenrolo profesional e a implementación de medidas do CSD.

Xunta de Galicia Drop Shot Eu son DGAN Sport2fit

Utilizamos cookies propias y de terceros para hacer estadísticas del comportamiento de los usuarios en este sitio web y mejorar nuestros servicios.
Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre cookies aquí ×