Información Importante: Seguro XOGADE (6 A 16 AÑOS)
Publicada elPROGRAMA XOGADE. SEGURO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS DE 6 A 16 AÑOS
Para as actividades levadas a cabo polas diferentes federacións deportivas galegas, a Secretaría Xeral para o Deporte facilita un seguro deportivo para todos os deportistas federados de 6 a 16 anos, independentemente da súa modalidade deportiva.
Esta é unha medida fundamental para apoiar, sólida e eficazmente, o deporte de base, dentro do compromiso da Xunta de Galicia coa promoción da actividade físico deportiva e os hábitos saudables.
IMPORTANTE: Protocolo de actuación en caso de accidente en la sección "Documentos" de esta misma noticia.
Asegurados:
Persoas con idade comprendida entre os 6 e 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade:
• A actividade deportiva escolar (incluídos os programas puntuais como “Xogando coa auga e co vento”, “Xogando co atletismo”, “Multixogo 6 a 8”, “Actividades de promoción”…)
• A actividade federada das federacións adheridas.
Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegurados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.
Ámbito da cobertura:
• Actividade deportiva escolar:
Terán cobertura as actividades de Xogade publicadas e os adestramentos supervisados durante o calendario escolar.
• Actividade federada:
Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente