Circular 01/2024 – Nuevo Registro de Entidades Deportivas. Protocolo de Protección de Niños, Niñas y Adolescentes frente a la Violencia en el Deporte
Publicada elSe publica Circular 01/2024 , remitida por la Secretaría Xeral para o Deporte.
CIRCULAR 01/2024 – NOVO REXISTRO GALEGO DE ENTIDADES DEPORTIVAS. PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE NENOS, NENAS E ADOLESCENTES FRONTE A VIOLENCIA NO DEPORTE
Por medio da presente infórmolle de dúas cuestións que poden ser do seu interese e dos clubs que forman parte da súa federación.
1.- O pasado 23 de outubro o Rexistro Galego de Entidades Deportivas estreou un novo aplicativo, para axilizar a xestión dos trámites. Os cambios que serán visibles desde o usuario externo, entre outros, son as certificacións de inscricións asinadas mediante selo electrónico, os trámites simplificados e agrupados nun solo formulario a través da sede electrónica, o PR946A, e a interconexión da sede coa pasarela de pago da ATRIGA para o abono das taxas.
Actualizamos a información sobre o rexistro na nosa páxina web, para facilitar o acceso aos principais trámites, cunha breve información de cada un: https://deporte.xunta.gal/gl/rexistro- de-entidades
2.- Creouse unha nova páxina na web de Deporte Galego, denominada
Inclusión e Igualdade https://deporte.xunta.gal/gl/protocolo-proteccion-nna, onde poderán atopar o Decálogo pola igualdade LGBTIQ+ no deporte, elaborado polo Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, máis o Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte en Galicia. Sobre este último ofrécese alí a seguinte información:
- O protocolo para a súa descarga.
- Vídeos coa formación para as persoas que non acudiran ás formacións presenciais. A visualización deste contido considérase suficiente para o exercicio da función na entidade.
- Preguntas frecuentes. Respostas á maioría de cuestións que este protocolo ten suscitado desde a súa aprobación, en xullo deste ano.