Noticias

Fdg

CONVOCATORIA AXUDAS DGAN 2023

Publicada el

Informámosche de que a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe mércores 31 de maio, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2023, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2023, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2022 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores)

Se publican en documento adxunto as bases desta convocatoria, quedando tamén a disposición pública na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. A destacar, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza mañá xoves 1 de xuño e rematará o vindeiro mércores 14 de xuño de 2023 (10 días hábiles).

Ademais, recordámosvos que, do mesmo xeito que na anterior edición, as persoas deportistas solicitantes poderán:

  • Solicitar axuda sempre que estén ou estiveran recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2022 e/ou 2023 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).
  • Cursar a solicitude de axuda de forma telemática, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderán utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá xx de outubro).
  • Presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administracións Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.
  • Remitirnos unicamente cuberto o anexo I de Solicitude, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal) e o anexo III, formulario cos mellores resultados acadados en 2022, polo que deberán evitar acudir á Federación Deportiva Galega correspondente para que cubrir o formulario de resultados, pois o mesmo será enviado ás Federaciones Deportivas, debidamente cumplimentado, directamente por parte da Fundación Deporte Galego, para a vosa verificación e certificación final.

Documentación adjunta

Xunta de Galicia Drop Shot Eu son DGAN Sport2fit

Utilizamos cookies propias y de terceros para hacer estadísticas del comportamiento de los usuarios en este sitio web y mejorar nuestros servicios.
Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre cookies aquí ×