
Convocatoria de subvencións para o ano 2019 Concello da Coruña
Publicada elConvocatoria de subvencións para o ano 2019 Concello da Coruña
Desde a Concellaría de deportes comunicamos que desde hoxe está aberto o prazo de solicitude da convocatoria de subvencións para a promoción e fomento do deporte durante o ano 2019 (BOP número 197 do 16 de outubro de 2019), para a distribución de 60.000,00 € ampliables a 120.000,00€ por procedemento de concorrencia competitiva.
Dirixida a asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e rexistradas no rexistro correspondente, que poidan levar a cabo os proxectos, programas e/ou actividades definidos no obxecto desta subvención e que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
O prazo finaliza o 31 de outubro de 2019.
Pode consultar as bases da convocatoria e documentación a presentar na Sede electrónica do Concello da Coruña:
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=942