Noticias

Xogos_galaico_durienses

Os Xogos Deportivos Universitarios Galaico - Durienses

Publicada el

Os Xogos Deportivos Universitarios Galaico - Durienses son organizados dende 1993 en diferentes localidades da Eurorrexión Galiza - Norte de Portugal. Disputados polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Porto, abranguen competicións mixtas de diferentes deportes.Con case 30 anos de experiencia, teñen mobilizado a máis de 8.000 estudantes, e teñen dado lugar á "Declaración de Vila Nova de Cerveira/Tomiño. Deporte Universitario na Eurorrexión. Orientacións e principais desafíos en torno da Estratexia Europa 2020", asinada polas seis Universidade participantes.Estes xogos concíbense coma unha sorte de vehículo que permite o coñecemento mutuo, a convivencia e o traballo colaborativo entre as Universidades e organismos públicos integrantes da Eurorrexión. Ao tempo que son o aliciente para que as equipas universitarias adestren con intensidade e adicación ao longo do ano para tentar mellorar as posicións de edicións anteriores, co espírito de entrega e superación que caracteriza a estas competicións.Tralo éxito de organización e convocatoria da pasada edición dos xogos, organizada pola Universidade de Minho e celebrada na cidade de Braga, este ano colle a remuda a Universidade da Coruña, Campus de Elviña, que acollerá a celebración da XXXI edición dos Xogos Galaico-Durienses os días 29 e 30 de novembro do 2017.

Todas os universitarios interesados en presentarse deberán de enviar as fichas de inscrición antes das 14 horas do mércores 22 de novembro aos correos electrónicos eva.dominguez@udc.es ou infodeportes@udc.es

Documentación adjunta

Xunta de Galicia Drop Shot Eu son DGAN Sport2fit

Utilizamos cookies propias y de terceros para hacer estadísticas del comportamiento de los usuarios en este sitio web y mejorar nuestros servicios.
Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre cookies aquí ×