PROCEDEMENTO DE NOVEMBRO DO RECOÑECEMENTO DGAN
Publicada elSe inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de NOVEMBRO.
Os interesados en ser recoñecidos deberán presentar:
1. Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade.
2. Unha vez cuberta dita solicitude, o secretario da federación, co visto bo do presidente, asina e sela dita solicitude.
3. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.
4. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
5. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na Escola Galega de Administración Pública, EGAP Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781 Santiago de Compostela
Xuntamos a normativa reguladora do procedemento, o modelo de solicitude web, e a última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
http://deporte.xunta.gal/adjuntos/cTexto/82_2_solicitude_0.pdf