Noticias

Dgan-zzcfzeeazomfmf

PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL, DGAN

Publicada el

Dende a Secretaría xeral para o Deporte comunican que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)

Durante todo o vindeiro mes de xuño.

Solicítase publicidade de esta información na páxina web da súa federación.

Os interesados en ser recoñecidos deberán presentar:

1. Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade.

2. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.

3. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.

4. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.

5. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.

As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na Escola Galega de Administración Pública, EGAP Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781 Santiago de Compostela.

Xuntamos a normativa reguladora do procedemento, o modelo de solicitude e a última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.

Documentación adjunta

Xunta de Galicia Drop Shot Eu son DGAN Sport2fit

Utilizamos cookies propias y de terceros para hacer estadísticas del comportamiento de los usuarios en este sitio web y mejorar nuestros servicios.
Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre cookies aquí ×