Noticias

120111lete03-725-jpg

O Secretario Xeral para o Deporte felicita ó padel galego

Publicada el

Lete Lasa entregou as copas do trofeo Xunta de Galicia ao equipo feminino Planet Rix Coruña e ao masculino Pádel Narón. Os seleccionadores galegos absolutos, masculino e feminino, e o de menores recibiron unha placa conmemorativa. O secretario xeral recoñeceu a José Carballal e Angel Ballvé como campións de España na categoría de +50 por autonomías.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, felicitou aos equipos de pádel de Galicia polos resultados obtidos no ano 2010. O secretario xeral entregou a Copa Xunta de Galicia de equipos femininos a Planet Rix Coruña e a de equipos masculinos ao representante de Padel Narón. 

 Lete Lasa recibiu esta tarde aos membros da Federación Galega de Pádel, que agrupa a 44 clubs de toda a comunidade, 25 da Coruña, 3 de Lugo, 2 de Ourense e 14 de Pontevedra. O secretario xeral distinguiu cunha placa a José Carballal e Angel Valle, campións de España na categoría de +50 por autonomías, entregou outra ao seleccionador galego de menores, Adrián Carballal Rey, á seleccionadora galega absoluta, Vanesa Alonso, e ao seleccionador galego absoluto, Ignacio Otero Pérez. 

 Durante a recepción, Lete Lasa destacou a importancia do deporte en Galicia e o papel das seleccións galegas como representantes do deporte galego e promotoras da práctica deportiva. O secretario xeral salientou, ademais, a aposta da Xunta de Galicia por estas seleccións a través dos convenios coas federacións.

 Resultados dos deportistas galegos en 2010

Na primeira edición da Copa de España que se celebrou en 2010 e na que participaron os campións absolutos dos campionatos autonómicos, os galegos Borja Yribarren e Ignacio Otero obtiveron o segundo posto na clasificación, mentres que na competición en categoría feminina, as representantes galegas Carmen León e Vanesa Alonso foron as primeiras clasificadas. 

 Ademais, no Campionato de España absoluto de Seleccións Autonómicas a selección galega masculina quedou en 4º posto e a feminina en 5º, mentres que no Campionato de Menores a selección masculina conseguiu un 8º posto e a feminina un 13º.

Xunta de Galicia Drop Shot Eu son DGAN Sport2fit

Utilizamos cookies propias y de terceros para hacer estadísticas del comportamiento de los usuarios en este sitio web y mejorar nuestros servicios.
Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre cookies aquí ×