Noticias

Eusondgan

Información Procedemento DGAN xuño 2019

Publicada el

Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)

As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática, cubrirase o Anexo I, e achegarase o Anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, debedes dispoñer do código deactivación da Chave365 ou DNI electrónico con sinatura dixital

No caso de solicitar o recoñecemento de xeito presencial deberedes aportar:

O ANEXO I , é a solicitude, estará cuberta e asinada pola persoa solicitante ou polo seu titor se émenor de idade e achegar o ANEXO II, que é a certificación dos datos da federación deportiva,asinado tamén pola federación correspondente.

Lembrade que para gardar os datos nos arquivos pdf editables debedes imprimir o documento (pódese imprimir en pdf para asinar posteriormente de xeito electrónico)

Para máis información consultade a nosa páxina web ou chamades ao teléfono 881996367

Documentación adjunta

Xunta de Galicia Drop Shot Eu son DGAN Sport2fit

Utilizamos cookies propias y de terceros para hacer estadísticas del comportamiento de los usuarios en este sitio web y mejorar nuestros servicios.
Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información sobre cookies aquí ×